Conéctate coa natureza e disfruta dos mellores Camiños
de Santiago dunha forma diferente e sostible
¿Listo para percorrer o lendario Camiño de Santiago e vivir unha aventura como ningunha outra?
Se o teu soño é comezar o Camiño aquí, en Galicia, estás no lugar perfecto. Tanto se buscas unha experiencia espiritual, unha escapada en plena natureza ou un reto persoal, axudarémosche a planificar cada paso polas rutas máis emblemáticas do Camiño.
Xa sexa que che tire a cultura e a historia das terras que atravesa o Camiño, a natureza e esas paisaxes que che deixan sen alento, ou que simplemente queiras poñerte a proba por fóra e por dentro, o Camiño de Santiago ten algo para cada aventureiro.
Reserva o teu Camiño con nós e crea lembranzas que che acompañarán para toda a vida.
Pídenos un presuposto personalizado
As mellores Rotas do
Camiño de Santiago en Galicia
Camiños de Santiago en Galicia







Mapa do Camino de Santiago en Galicia

¿Onde empeza o Camiño de Santiago en Galicia?
| Rota | Entrada / Punto de inicio | Provincia | Notas |
|---|---|---|---|
| Camiño Francés | O Cebreiro | Lugo | Entrada clásica dende León a Galicia |
| Camiño Portugués (Central) | Tui | Pontevedra | Cruce fronteirizo (Valença–Tui) |
| Camño Primitivo | A Fonsagrada | Lugo | Unese o Camiño Francés en Melide |
| Camiño do Norte | Ribadeo | Lugo | Costa cantábrica → interior |
| Camiño Inglés | Ferrol / A Coruña | A Coruña | Dous posibles puntos de inicio |
| Ruta do Mar de Arousa e Río Ulla | Vilanova de Arousa | Pontevedra | Inclue o tramo marítimo |
| Camiño Sanabrés | A Gudiña | Ourense | Moitos comenzan en Ourense (100 km) |
| Camiño de Inverno | O Barco de Valdeorras | Ourense | Alternativa para invierno |
| Rota Padre Sarmiento | Costa de Pontevedra | Pontevedra | Itinerario histórico costeiro |
¿Canto se tarda en facer o Camiño de Santiago dende Galicia?
| Punto de inicio | Rota | Distancia | Duración estimada |
|---|---|---|---|
| Sarria | Camiño Francés | aprox. 115 km | 5–7 días |
| Tui | Camiño Portugués (Central) | aprox. 120 km | 5–7 días |
| Vigo | Camiño Portugués pola Costa | aprox. 100 km | 4–6 días |
| Baiona | Camiño Portugués pola Costa | aprox. 120 km | 5–7 días |
| Ferrol | Camiño Inglés | aprox. 120 km | 5–6 días |
| Lugo | Camiño Primitivo | aprox. 100 km | 5–6 días |
| Ourense | Camiño Sanabrés | aprox. 110 km | 5–6 días |
| Ribadeo | Camiño del Norte | aprox. 185 km | 8–10 días |
A historia do Camiño de Santiago en Galicia
O Camiño de Santiago converteuse nunha das rutas de peregrinación católica máis coñecidas e percorridas do mundo, atraendo cada ano a milleiros de persoas de todos os recunchos do planeta que soña con chegar a Compostela. Co paso dos séculos, a súa historia foi quedando envolta en misterio, mitos e lendas.
Santiago de Compostela pasou a ser un dos lugares sagrados do cristianismo grazas ao apóstolo que lle dá nome: Santiago o Maior, tamén coñecido como Xacobe, fillo de Zebedeo. Segundo conta a lenda, os restos do santo foron traídos a Galicia (daquela Iria Flavia, hoxe coñecida como Padrón) polos seus discípulos nunha barca guiada por anxos, e soterrados nun campo próximo.
Cando se descubriu a tumba de Santiago o Maior, o rei Afonso II mandou erguer unha pequena capela naquela terra sagrada, e máis adiante un templo maior, para acoller os fieis de todo o mundo que chegaban a Galicia para venerar a reliquia.

¿Porqué facer o Camiño de Santiago?
Hai tantas razóns para facer o Camiño de Santiago como persoas hai no mundo. Cada peregrino ten a súa propia motivación para emprender a viaxe e gañar a súa Compostela. Pero se aínda non atopaches a túa, aquí che deixamos algunhas que, igual, abonda con elas para convencerte:
Espiritualidade: Moita xente fai o Camiño de Santiago por motivos espirituais. O Camiño ten unha longa historia de devoción relixiosa, e moitos camiñantes atopan nel unha sensación de paz interior e conexión espiritual a medida que avanzan polas distintas rutas do Camiño.
Reto persoal: Para moitos peregrinos, o Camiño é un desafío tanto físico como mental. Camiñar varios días seguidos, ás veces con condicións meteorolóxicas difíciles, pode ser esixente, pero superar eses retos e chegar finalmente a Santiago de Compostela resulta fondamente gratificante.
Beleza natural e paisaxes: Cada ruta do Camiño lévate por algunhas das paisaxes máis impresionantes de Galicia, de España e mesmo de Europa: cordilleiras, bosques vellos e vilas costeiras con encanto. Ao longo do percorrido, os peregrinos gozan de vistas espectaculares e dunha beleza natural que converte a viaxe nunha experiencia inesquecible.
Descubrir outras culturas: O Camiño tamén é unha experiencia fondamente social. Os peregrinos chegan de todas partes do mundo, cada un coas súas historias e motivos para sumarse a esta aventura. Camiñar polo Camiño de Santiago dáche a oportunidade de coñecer xente nova, facer amizades, compartir vivencias e descubrir outras culturas en primeira persoa.
Cultura e historia das rexións: O Camiño de Santiago é unha ruta histórica percorrida dende hai séculos. Na maioría dos camiños atoparás algúns dos monumentos culturais e históricos máis importantes de España e de Europa: igrexas, catedrais, mosteiros e castelos que fan que a historia cobre vida a cada paso.

Camiño de Santiago para principiantes: ¿Necesito estar en forma?
O mellor do Camiño de Santiago é que hai unha ruta para cada tipo de peregrino. O primeiro paso é escoller o percorrido que mellor se adapte ás túas capacidades e preferencias. Non é preciso estar nunha forma física excelente para camiñar ou facer o Camiño en bicicleta, pero canto mellor preparado esteas, máis doado será… e máis gozarás da experiencia en todos os sentidos!
Por iso recomendámosche comezar a facer camiñadas longas antes da túa viaxe e ir aumentando pouco a pouco a distancia percorrida. Tamén é importante levar un calzado axeitado —como botas de sendeirismo ou zapatillas cómodas e ben axustadas— para evitar bochas e rozaduras.
Como comentamos antes, a ruta dende Sarria ata Santiago de Compostela é o Camiño máis curto para conseguir a Compostela. A maioría dos peregrinos que escollen esta opción completan a súa viaxe en só 5 a 7 días, xa que a distancia total é duns 110 quilómetros.

Galicia “A Modiño”
Unha experiencia slow
Queremos que o vivas pouco a pouco, xa que pasiño a pasiño disfrútase
mellor e chegánse máis lonxe. Porque para coñecer a forma de vida galega,
non fai falla percorrer grandes distancias.

Unha filosofía de respeto a o medio ambente e
a poboación local
Cultura
Transmitir os valores da nosa cultura é unha das máximas de Rooteiro: contar a historia de Galicia. Nas nosas rutas coñeceremos distintos conxuntos histórico-artísticos, como os de Combarro ou Pontevedra.
Porén, isto non é todo, xa que tamén poñeremos en valor esa parte da cultura local máis cotiá: aprenderemos como funciona o duro oficio do marisqueo e como se desenvolve a poxa do peixe na lonxa.


Gastronomía
Desde Rooteiro queremos poñer en valor a rica e variada gastronomía galega. Temos en conta factores como a procedencia das materias primas, a forma de cociñalas ou a calidade das mesmas (filosofía slow food).
Nas nosas rutas poderás sentirte como un auténtico galego ou galega e desfrutar de produtos como os mexillóns e conservas da ría, queixos artesáns, empanadas galegas ou catar viños de produción limitada en pequenas adegas con encanto.

Un Camiño de Santiago sostible
Galicia é unha terra de ríos, montañas e mar, cunha gran diversidade de fauna e flora.
O noso equipo está comprometido co coidado de toda esta riqueza natural, procurando xerar o menor impacto negativo posible no contorno que nos rodea.
Cremos que facer o Camiño de Santiago é unha oportunidade fantástica para aprender sobre a historia e a cultura local. Ademais, ti, como peregrino ou peregrina, xeras un impacto moi positivo na economía das localidades polas que pasas, xa que contribúes co teu consumo ao desenvolvemento do territorio.

Sobre Nos

A miña viaxe comezou en outubro de 2012, e a cidade elixida foi Edimburgo, en Escocia.¿E por que? Pois non o sei ben… Supoño que porque temos cousas en común: como a humildade, o amor e respecto pola terra, ou o feito de que saben desfrutar das súas festas e…
Que visitar en Galicia
¿Queres descubrir Galicia pero non sabes por onde empezar? Entra e descúbrea.

Últimas entradas do blog
Publicado en Vicente Verdera29/09/2023Trustindex verifica que la fuente original de la reseña sea Google. Ruta del camino de piedra i agua i cascada barosa + combarro dia fantastico con la compañia de andres nuestro guia 100×100recomendablePublicado en Carme Segura Segura17/09/2023Trustindex verifica que la fuente original de la reseña sea Google. Hemos hecho el camino ingles des de Ferrol . La organización del viaje que nos ha hecho Andres ha sido perfecta en todos los sentidos. Los alojamientos muy buenos. Hemos disfrurado del camino, sintiendo en todo momento que contabamos con él para cualquier percance que nos pudiera surgir. Recomendable viajar con RooteiroPublicado en yoly marin14/09/2023Trustindex verifica que la fuente original de la reseña sea Google. Muy bien estuvo bastante bonito todo,lo pasemos bien ,una experiencia nueva,cosas que visitar ,el trato bien ,la comida bien ,mejillones un montón y bebida también ,eso que nos llevamos en esta vida ,graciasPublicado en Patricia Gil Millán12/09/2023Trustindex verifica que la fuente original de la reseña sea Google. Contrate esta agencia de viajes para hacer el camino desde Tui. Todos los servicios que me dieron fueron excelentes. El personal muy profesional y atento. Nos ayudaron en todo lo que necesitamos y dieron bastantes recomendaciones. Sin duda les recomiendo.Publicado en Samantha Belmar31/08/2023Trustindex verifica que la fuente original de la reseña sea Google. Publicado en Óscar Salvador30/08/2023Trustindex verifica que la fuente original de la reseña sea Google. Contratamos con él, porque en su web ponia que la duración del recorrido era de 1,5 horas pero como el lo subcontrata a la única empresa que hace el viaje, el viaje es de una hora. Me parece un engaño total.Publicado en Ester Lizana28/08/2023Trustindex verifica que la fuente original de la reseña sea Google. Hizo la visita muy amena y agradable,David riquiño,muy recomendablePublicado en Jesus Santos21/08/2023Trustindex verifica que la fuente original de la reseña sea Google. Barco por Combarro con vino y mejillones, nos hemos puesto hasta arriba. Atención excelente. Ambiente y explicaciones de la cría de mejillones, ostras y vierias y bien amenizado. Parking gratuito con suerte. Mejor que los del Grove y muy recomendado. Vale la pena.Publicado en Cristina Campo Ruiz21/08/2023Trustindex verifica que la fuente original de la reseña sea Google. Reservé los alojamientos para el camino de Santiago con él y quedé encantadisima del servicio. Andrés estuvo siempre atento, tanto antes de empezar como durante el viaje. Los albergues y hostales estaban superbien ubicados en todas las etapas y el servicio de recogida de maletas tambien estubo genial. Si repito la experiencia por supuestisimo volveria a contactar con Rooteiro. SUPER RECOMENDABLEPublicado en NOELIA CRUCES GARRIDO19/08/2023Trustindex verifica que la fuente original de la reseña sea Google. Nos ha encantado! Os lo recomiendo!!

